|
INTRODUCCION
Benvidos ó primeiro cancioneiro galego na rede. Ista páxina está adicada, á cultura tradiccional, de transmisión oral de Galiza. Trátase dunha clasificación de coplas, agrupadas segunda súa temática. Dentro distes grupos ou familias, as cantigas fican ordeadas segunda súa similitude, entre os primeiros versos. Basta con edita-lo camiño para achegarnos a elas.
O Cantar do Arrieiro, non quere ser máis que unha base de datos, onde os aficionados ó canto tradiccional, poidan atopar material para lle da-lo uso que eles consideren apropiado. A páxina quere ser totalmente participativa, pois está dirixida ós amantes da nosa cultura popular e o noso canto, de tal xeito que si queredes manda-las vosas coplas, serán incluidas no Cantar do Arrieiro...
Algunhas das coplas, que vades a atopar, foron recollidas por min mesmo a mediados dos anos 80, na comarca de Bergatiños, concretamente, nas parroquias de Seaia, Malpica, Mens, Laxe e Muxía.
Outras forman parte do arquivo do Grupo Etnográfico das Mariñas, de Ferrol, do que formo parte dende 1985, e onde comenzou meu coñecemento da auténtica realidade do noso folclore e saber popular.Ista agrupación galega foi unha das primeiras en investigar as verdadeiras fontes diste saber, os nosos maiores.
Espero que gostedes do Cantar do Arrieiro, e participedes nel.
Un forte saudo.Xosi Lois Lamigueiro
1 de Maio de 1.999
!ENVIAME A TUA COPLA FAVORITA E INCORPORAREINA &OACUTE ARRIEIRO! ![]()
INDICE