E vira, e vira,
e torna a virar,
cás voltas do vira,
son malas de dar.
E vira, e vira,
e torna a virar,
cás voltas do vira,
son boas de dar.
E ti non o tés,
téu pai non cho da,
de onde che veu,
do trailalalá.
O señor colón,
como era bon mozo,
tirouno a muller,
o fondo do pozo.
No leiró do méu sogro,
azurráronme o can,
e saliú miña sogra,
coa vara na man,
coa vara na man,
co zapato no pé,
ela teme carraxe,
eu non sei porque é.
As mozas de Brantes,
cando van có ghando,
espetan a vara,
e bailan o tanco,
e bailan o tanco,
e maila muiñeira,
as mozas de Brantes,
non hai quen as queira.